O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obradoiro de imprenta creativa para todos os públicos

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste, A Ramallosa

Inscrición pechada

Prazas por persoa
6

Obradoiro para todos os públicos: imprenta creativa, con Alouette Machine

O sábado, 18 de marzo,  ás 17:00 h, no Auditorio Constante Liste da Ramallosa.

Alouette Machine é unha furgoneta-imprenta itinerante con prensas e tipografías que permitirán coñecer como se facían antigamente os libros, carteis, postais ou tarxetas. Un xogo coa plasticidade, coa lingua e co emprego das palabras, explorando e argallando coas formas gráficas e permitindo, ás persoas participantes, realizar creación de carteis que poderán levar para as súas casas.

Aberto ao público xeral.

Prazas limitadas a 30 persoas, de balde con inscrición previa.

Inscrición aberta  a través de https://teo.gal/actividades 

imprenta

Outros eventos por vir