O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O goberno retoma as reunións veciñais nas parroquias

| compartir:
Parroquia
Reis

O goberno municipal (SondeTeo-Anova-PSdG-PSOE) retoma as xuntanzas nas parroquias este mércores 4 de outubro en Reis. O encontro será no local da Ponte Vella ás 21:00 horas e asistirán o alcalde, Rafael Sisto, ademais de varios/as concelleiros/as. Estes encontros están planificados para falar e escoitar á xente, recoller suxestións da veciñanza e aclarar cuestións de interese en cada zona.

En outubro están programados outros dous encontros nas parroquias de Rarís e Lampai. En Rarís será o xoves 19 de outubro na Casa Común ás 21:00 horas e en Lampai o xoves 26 de outubro tamén na Casa Común ás 21:00 horas.

Estas reunións continuarán nos meses de novembro e decembro con datas xa fixadas:

  • 2 de novembro: Cacheiras-Montouto
  • 9 de novembro: Luou
  • 16 de novembro: Recesende
  • 23 de novembro: Vilariño
  • 30 de novembro: Francos (Calo)
  • 14 de decembro: Bamonde

Máis adiante, determiranse e anunciaranse as datas dos encontros nos Tilos, en Lucí, en Solláns, en Calo, na Torre e en Teo.

Reis