O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Concerto Mondra. "Folía da Ardentes"

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Artista, cantareiro e bailador, Mondra irrompe na escena musical galega en solitario cunha proposta que xunta o musical, o visual e o performativo, a medio camiño entre a música tradicional e a electrónica.
O espectáculo introdúcenos no universo de ARDĒN, combinando a voz e música de Mondra e a súa banda, integrada por dous músicos/as, coa danza e a interpretación, da man de catro bailadores e bailadoras en escena.
Un espectáculo ao vivo no que Mondra presentará un adianto dos temas que comporán o seu primeiro traballo discográfico. Un álbum de estudio que verá a luz a finais deste ano, e no que abordará temáticas tan relevantes como a sexualidade, a violencia, a saúde mental, a defensa da cultura propia ou o empoderamento da mocidade; e no que contará coa produción de Berto e a colaboración de grandes artistas galegas como as Fillas de Cassandra ou Aida Tarrío. 

Día: Xoves 20 de Abril

Hora: 21:00h

Lugar: Auditorio Constante Liste

Para asistir é necesaria a inscrición previa, que podes facer neste mesmo espazo.

Observacións
Se non podes asistir agradecemos que o comuniques no enderezo electrónico entradascultura@teo.gal
Mondra

Outros eventos por vir