O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Este venres, 14 de abril, ás 11.15 horas dará comezo no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a Gala Enreguéifate-Regueifesta. Un acto no que se entregarán os premios Enreguéifate, o certame de regueifas impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que pon así o broche de ouro á súa sexta edición. Unha trintena de centros de ensino de toda Galicia participarán activamente neste Encontro Regueifesta ao que tamén asistirá alumnado improvisador chegado de centros educativos de Euskadi e Cataluña. Conducida polo mestre, músico e regueifeiro Manolo Maseda; o mestre, escritor e regueifeiro Séchu Sende; a regueifeira Lupe Blanco; e a regueifeira e música Olalla Liñares, a gala será unha viaxe polo mundo da improvisación oral en verso, e incluirá tamén unha actuación musical de O Rabelo e High Paw. O acto contará con dúas intérpretes de lingua de signos co fin de garantir a accesibilidade para as persoas con discapacidade auditiva.
O Enreguéifate e a Regueifesta son dúas iniciativas colectivas que procuran revitalizar a improvisación oral en verso para contribuír á promoción do uso da lingua galega, especialmente na infancia e xuventude.
O Enreguéifate, promovido por un total de cinco concellos galegos, desenvolveu nesta sexta edición obradoiros de formación para profesorado e estudantes e un certame de regueifas en vídeo no que participaron máis de 40 propostas entre a categoría escolar e a xeral, das que 12 recollerán o seu galardón na gala deste venres:
Categoría Xeral
Categoría Escolar
A Regueifesta naceu no curso 2015-2016 co impulso de dous institutos -o IES de Baio e o IES de Vila de Cruces- e, co apoio da Asociación ORAL e da Escola Semente, e creou un pequeno movemento de dinamización do repente galego entre as novas xeracións. Este movemento, que procura identificar valores da sociedade actual -autoxestión, participación social, intelixencia emocional, ecoloxismo lingüístico, visión internacional do idioma etc.- co uso normal da lingua galega nos espazos vitais da xente nova, é posible grazas á participación de ducias de centros de ensino -e profesorado comprometido- que fan uso da regueifa como ferramenta de transformación social. A festa da regueifa ou Regueifesta suporá o peche festivo a esta nova edición do proxecto.