O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Andainas seguras e saudables para mullerese: MIrándo-nos

Data e hora

Localización
Carballeira de Cornide
Como chegar

Prazas dispoñibles
19
Inscribirse

Prazas por persoa
4

O pasado 16 de abril percorremos diferentes ámbitos profesionais para descubrir a mulleres pioneiras e valentes que merecen ser visibilizadas. Este próximo 25 de abril buscaremos referentes máis de preto, cara dentro.
Poñer en valor as fortalezas, analizar as diferentes dificultades que nos rodean e poñer en común solucións e ferramentas que nos acheguen a ocupar os espazos que nos pertencen, serán os temas a tocar nesta fermosa andaina. 

Unha das medidas que precisamos é a conciliación. Sendo moi conscientes disto, ofrecemos un servizo de canguraxe para que todas aquelas que queirades participar poidades facelo. Tamén somos conscientes de que a vosa participación pode depender tamén do día e da hora das andainas, e por este motivo imos a propoñelas en diferentes horarios para facilitar a vosa participación.

Vémonos o próximo 25 de abril na Carballeira de Cornide!

Observacións
Os percorridos non son moi longos, pero vide protexidas para a calor. Se precisades servizo de canguraxe mandade correo a cim@teo.gal
Inscribirse
andaina

Outros eventos por vir