O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O alcalde mantén un encontro con nais do CEIP da Ramallosa para falar da preocupación sobre a instalación dunha gasolinera

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, mantivo esta mañá unha xuntanza con dúa nais do CEIP A Ramallosa para falar da preocupación que existe en parte deste colectivo pola tramitación da instalación dunha gasolinera nas inmediacións do centro escolar.  Na xuntanza estivo tamén a concelleira de Educación, Pilar Faxil e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus.

No marco desta reunión as nais achegaron case 300 firmas recollidas entre a comunidade escolar que o rexedor se comprometeu a trasladar á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de Industria.

Dende o Concello acordouse establecer unha canle de comunicación e información de todo o proceso e reclamar calquera acceso á información que dependa da administración autonómica para poder facer un seguemento da tramitación desta instalación.

Neste momento a entidade promotora da instalación só ten licenza municipal para a construción dunha superficie comercial que conta con supermercado, cafetería e zona de aparcamento.

gasolineira