O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, mantivo esta mañá unha xuntanza con dúa nais do CEIP A Ramallosa para falar da preocupación que existe en parte deste colectivo pola tramitación da instalación dunha gasolinera nas inmediacións do centro escolar. Na xuntanza estivo tamén a concelleira de Educación, Pilar Faxil e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus.
No marco desta reunión as nais achegaron case 300 firmas recollidas entre a comunidade escolar que o rexedor se comprometeu a trasladar á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de Industria.
Dende o Concello acordouse establecer unha canle de comunicación e información de todo o proceso e reclamar calquera acceso á información que dependa da administración autonómica para poder facer un seguemento da tramitación desta instalación.
Neste momento a entidade promotora da instalación só ten licenza municipal para a construción dunha superficie comercial que conta con supermercado, cafetería e zona de aparcamento.