O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Pablo Díaz trae a Teo xunto con Olga Kirk, o seu espectáculo "Canta Música". Un espectáculo de xogos, baile, canto e música no que as nenas e os nenos participarán dunha maneira activa e divertida.
Será o vindeiro sábado 13 de maio, ás 18:00 horas no Auditorio Constante Liste.
É un espectáculo dirixido ao público infantil e familiar.
Esta actividade forma parte do programa Rede Cultural impulsado e cofinanciado pola Deputación da Coruña
Reserva xa a túa entrada!