O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O 22 abre o prazo para a inscrición nos campamentos rurais e nos campamentos de verán

| compartir:

O Concello abre a inscrición para os campamentos o 22 de maio. A oferta diversifícase nos campementos rurais que se farán no mes de xullo en Teo con diversas temáticas e nos campamentos de verán, fóra do Concello, durante o mes de agosto. 

En xullo teremos catro actividades dirixidas a rapazada de 12 a 18 anos en horario de 10 a 14 horas en distintas casas comúns. Unha temática cada semana: 

  • Campamento científico. Do 3 ao 7 de xullo. Casa Común de Rarís. 
  • Escola ecoloxista. Do 10 a 14 de xullo. Casa Común de Oza. 
  • Obradoiro audiovisual. Do 17 ao 21 de xullo. Casa Común de Oza. 
  • Parkour. 24-26-27-28 de xullo. Casa Común de Rarís. 

Cada actividade ten 20 prazas e para participar hai que presentar a ficha de inscrición por rexistro físico ou sede electrónica entre o 22 de maio e o 2 de xuño. A cota destes campamentos é de 25 euros por semana. 

Campamentos en Oleiros

Os campamentos do mes de agosto faranse no albergue de Santa Cruz de Oleiros e haberá un xuvenil e outro infantil para nenos/as máis pequenos/as. 

  • Campamento xuvenil. Do 1 ao 9 de agosto. Nenos/as nados/as entre o 2006 e o 2010. 
  • Campamento infantil. Do 10 ao 18 de agosto. Nenos/as nados/as entre o 2011 e o 2016. 

A inscrición tamén está aberta do 22 de maio ao 2 de xuño e débese entregar a ficha de inscrición neste período por rexistro ou sede electrónica. No caso de ter máis solicitudes ca prazas farase un sorteo público o 9 de xuño. 

A listaxe de persoas admitidas publicarase o 13 de xuño. A cota dos campamentos é de 90 euros. O pagamento farase ata o 23 de xuño. As persoas admitidas recibirán por correo electrónico a folla de autoliquidación. 

Descarga aquí a ficha de inscrición nos campamentos rurais (xullo)

Descarga aquí a ficha de inscrición nos campamentos de verán (agosto)

Diverteo

Por outra parte, o 8 de maio abreu a inscrición para os Diverteo de verán, o programa de conciliación para os períodos de vacacións escolares. 

O Diverteo de xuño e as dúas quincenas de xullo faranse, como é habitual nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa, mentras que o de agosto farase só neste último centro, na Ramallosa. 

O horario de atención vai das 7:30 ás 15:30 horas e poden asistir crianzas escolarizdas nos CEIPs ou no CRA entre os 3 e os 12 anos, preferiblemente empadroadas en Teo. 

A reserva de praza hai que facela por rexistro nos prazos que se establecen para cada período. 

DIVERTEO XUÑO

  • Datas: do 22 ao 30 de xuño (7 días).
  • Inscrición: do 8 ao 26 de maio.
  • Listaxe provisional: 31 de maio na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
  • Pagamento: do 2 ao 12 de xuño.
  • Listaxe definitiva: 15 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello

DIVERTEO XULLO

  • Datas: 1. Primeira quenda: do 3 ao 14 (10 días). Segunda quenda: do 17 ao 31 (10 días).
  • Inscrición: do 8 de maio ao 2 de xuño.
  • Listaxe provisional: 8 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
  • Pagamento: do 12 ao 19 de xuño.
  • Listaxe definitiva: 23 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.

DIVERTEO AGOSTO. Farase só cun mínimo de 15 participantes e no colexio da Ramallosa. 

  • Datas: • Primeira quenda: do 1 ao 14 (10 días). • Segunda quenda: do 16 ao 31 (12 días).
  • Inscrición: do 8 de maio ata o 30 de xuño.
  • Listaxe provisional: 6 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
  • Pagamento: do 10 ao 17 de xullo.
  • Listaxe definitiva: 20 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.

Descarga aquí a ficha de inscrición do Diverteo