O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Este domingo 28 de maio, día das eleccións municipais, haberá servizo de transporte gratuíto para algúns dos colexios que cambian de ubicación respecto doutras citas electorais.
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, publica un bando sobre o transporte gratuíto para a xornada electoral para os colexios que cambiaron de ubicación. Diante da convocatoria das eleccións autonómicas do día 12 de xullo, considerando que pola situación creada pola pandemia da COVID-19 autorizouse o traslado dos colexios electorais tradicionalmente situados na MEDIATECA de Cacheiras para o pavillón Ezequiel Mosquera da RAMALLOSA, e na Escola da CASALONGA para o pavillón Municipal de CALO, e que isto pode provocar que as persoas que queiran exercer o seu dereito a voto non teñan medios adecuados para trasladarse ata o colexio electoral que agora lles corresponde infórmase:
O Servizo de transporte ao colexio electoral é gratuíto e irá debidamente identificado.
MESAS 01 001 A e 01 001B (antes na MEDIATECA)
Saídas cara A Ramallosa (Pavillón Ezequiel Mosquera).
Horas de saída dende a rotonda da Gaiteira (GADIS):
Domingo 28 ás 10.00h, 11.00h, 12.00h, 18.00h e 19.00h
Servizo de volta dende A Ramallosa ás 10.40h, 11.40h, 12.40h, 18.40h e 19.40h
Este autobús fará as seguintes paradas tanto nas viaxes de ida coma de volta: Rotonda da Gadis (saídas), marquesiña entre o Betos e a farmacia, parada xunto á ITV e antes da rotonda de Catro Camiños (Monolito Bus Comarcal).
No colexio da Ramallosa estará aberto o portalón grande para que se poida usar o aparcamento e facilitar o acceso ao pavillón.
MESAS 01 005 A e 01 005B (antes na Escola CASALONGA)
Saídas cara Pavillón Municipal de CALO.
Horas de saída dende Casa Común de FRANCOS.
Domingo 28 ás 10.00h, 11.00h, 12.00h, 18.00h e 19.00h
Servizo de volta dende Calo ás 10.40h, 11.40h, 12.40h, 18.40h e 19.40h
Este autobús fará as seguintes paradas tanto nas viaxes de ida coma de volta: cruceiro de Francos (saída), marquesina do Bar Touceda na rotonda do Espiño, marquesiña da Casalonga (antes da gasolinera) e na marquesiña de Rodiñas (entrada desvío cara Texexe).
Se algunha persoa precisa contactar co Concello para solventar algunha dúbida durante a xornada electoral pode chamar ao 981.815.700.