O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola ecoloxista en Oza

Data e hora

Localización
Casa Común de Oza
Como chegar

Prazas dispoñibles
18
Inscribirse

Prazas por persoa
4

A última sesión da Escola Ecoloxista para este curso académico xa está aquí! Ao longo de todo o curso, a rapazada estivo traballando arreo en torno á ética dos coidados, co obxectivo de artellar propostas para transformar o local dende a colectividade e a interrelación entre as persoas e coa natureza.

Na última sesión, toca celebrar o proceso, o coñecernos, as aprendizaxes, o compartir, e a vida en común; e que mellor forma de facelo que mediante unha xornada de xogo para as persoas máis achegadas á rapazada, a través da actividade deseñada con tanta ilusión, empeño, vontade, enerxía e esforzo polas crianzas da Escola Ecoloxista!

Esta actividade farase o sábado 17 de xuño. O horario será de 16:30 a 18:30 horas. O lugar de encontro será a Casa Común de Oza.

Está dirixido a rapazada de entre 10 e 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.

Inscribirse
manos

Outros eventos por vir