O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno vota as propostas de obras para o Plan Único

| compartir:

A corporación teense reúnese este luns 18 de decembro nunha sesión extraordinaria urxente. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Na sesión, ademais de votar a urxencia da sesión, votarase a proposta da alcaldía coas obras a incluír no POS para o ano 2018. O Concello de Teo realiza un forte esforzo de investimento con obras por un importe de case 2,2 millóns de euros.

O plan previsto para o ano que vén contén varias liñas de traballo: a reurbanización de núcleos, a mellora de viarios muncipais, a execución de sendas peonís e a mellora de equipamentos.

Dende Urbanismo prevén a reurbanización dos núcleos de Mouromorto, Calo e A Silva en Lampai cun orzamento de 630.000 euros o que contempla as obras de mellora dos viarios interiores ademais das infraestruturas para o abastecemento de auga potable e a evacuación de augas pluviais.

Respecto das sendas peonís faranse en Cacheiras e Recesende cun investimento algo superior ao medio millón de euros e unha clara aposta pola seguirade viaria. Estas sendas foron aprobadas no Teo Decide do ano 2016. Pola súa banda as estradas que se arranxarán serán en Chaves (Lucí), na Torre (Cacheiras) en Noceda (Santa María de Teo) e a que vai entre A Agrela e Loureiro, nas parroquias de Lampai e Luou.

O POS+ 2018 tamén contempla o acondicionamento e climatización do CSC Constante Liste, a instalación do céspede artificial e rega no campo de fútbol de Calo e a mellora das instalacións do Punto Limpo. Neste equipamentos investirase algo máis de 700.000 euros. 

Dende Urbanismo, Uxía Lemus, explica que no deseño deste ambicioso plan de obras tívose en conta propostas e suxestións dos grupos da oposición, PP e BNG.

A orde do día é a seguinte:

  1. Ratificación da urxencia
  2. Proposición da alcaldía de aprobación do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) POS+ 2018

 

asfaltado