O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Esta fin de semana haberá música e baile para todas as idades. O venres 22 de decembro ás 19:30 horas visíta Mamá Cabra o Auditorio Constante Liste-Ramllosa . A entrada é de balde ata completar aforo.
Os que prefiran os ritmos un pouco máis fortes poden achegarse o sábado 23 de decembro ó Auditorio para o I Festival Rock Solidario. Será ás 21:00 horas (apertura de portas ás 20:30 horas). Actuarán Los Hijos de la Pandilla (banda tributo a Fito&Fitipaldis), Carlos Torres & Furakao e Parallels. A entrada será 1 kilo de alimentos ou roupa. Haberá cantina e sorteo de 3 agasallos.