O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O próximo 11 de xullo realizaremos a nosa andaina pola zona de Vilariño, percorrendo ao noso paso gran parte das súas zonas naturais. Esta será un roteiro de curta distancia e fácil percorrido a través do cal falaremos sobre o espazo que habitamos ao longo das nosas vidas: o noso corpo.
Nunha sociedade na cal se nos impón como debe ser o noso corpo e os canons que debe seguir, realizaremos diferentes dinámicas mediante as cales analizaremos a importancia da nosa saúde mental que tan ligada está á física. Falaremos de gordofobia, das mensaxes de odio actuais e de como combater os malos tratos que recibimos e as veces provocamos nos nosos corpos.
Lembra que dispoñemos de servizo de canguraxe para que poidades realizar a andaina dun modo conciliador.
Anímate a camiñar con nós, vémonos o próximo día 11 ás 19.00h da tarde!