O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Abre o prazo para o Teo Madruga 2023-24

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

O Concello abre este luns 21 de agosto o prazo de inscrición no "Teo Madruga 2023-24". Este é un servizo de conciliación laboral e familiar no que poderá participar o alumnado dos centros públicos escolares do municipio. Desenvolverase nos colexios de Calo, A Ramallosa e Os Tilos, con actividade desde as 7:30 horas ata o inicio das clases.

DOCUMENTACIÓN:

obrigatoria para todas as solicitudes:

  • Folla de inscrición.
  • Foto tamaño carné da crianza.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.

  • Informe do especialista que corresponda en relación a enfermidades específicas ou discapacidades que precisen dunha atención específica, en especial os xustificativos de alerxia e/ou intolerancias (de ser o caso).

  • Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda e custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).

obrigatoria para acceder ás bonificacións:

  • Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).
  • Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).

  • Xustificación do acollemento (de ser o caso).

  • Declaracións da renda do exercicio 2022 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.

documentación opcional:

  • Impreso de domiciliación selado pola entidade bancaria ou acompañado de xustificación documental da titularidade da conta.

TIPOS DE USUARIOS/AS

  • Fixo: aquel/a usuario/a que se matricule e utilice o servizo de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos. Estes usuarios/as poderán escoller as seguintes frecuencias de utilización do servizo: 1 día por semana; 2 días por semana; 3 días por semana; 4 días por semana ou 5 días por semana.  Os usuarios/as fixos poderán solicitar unha utilización do servizo distinta das establecidas, sempre que o soliciten por escrito motivado.

En caso dunha utilización do servizo distinta aos 5 días da semana, os días de utilización deberán ser días concretos previamente sinalados.

  • Ocasional: aquel/a usuario/a que, habendo praza, desexe utilizar o servizo en días soltos de forma ocasional.

 

Podes consultar toda a información sobre o programa, os custes do servizo, as bonificacións ou as normas de xestión e ingreso premendo aquí

Descarga aquí a ficha de inscrición

Descarga aquí a solicitude de domiciliación

MÁIS INFORMACIÓN

  • Servizos Sociais: 881819356 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h).
    • BOP núm. 213, do 14 de decembro de 2020.
    • BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021.