O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello abre este luns 21 de agosto o prazo de inscrición no "Teo Madruga 2023-24". Este é un servizo de conciliación laboral e familiar no que poderá participar o alumnado dos centros públicos escolares do municipio. Desenvolverase nos colexios de Calo, A Ramallosa e Os Tilos, con actividade desde as 7:30 horas ata o inicio das clases.
DOCUMENTACIÓN:
obrigatoria para todas as solicitudes:
Foto tamaño carné da crianza.
Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.
Informe do especialista que corresponda en relación a enfermidades específicas ou discapacidades que precisen dunha atención específica, en especial os xustificativos de alerxia e/ou intolerancias (de ser o caso).
Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda e custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).
obrigatoria para acceder ás bonificacións:
Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
Xustificación do acollemento (de ser o caso).
Declaracións da renda do exercicio 2022 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.
documentación opcional:
Impreso de domiciliación selado pola entidade bancaria ou acompañado de xustificación documental da titularidade da conta.
TIPOS DE USUARIOS/AS
En caso dunha utilización do servizo distinta aos 5 días da semana, os días de utilización deberán ser días concretos previamente sinalados.
Podes consultar toda a información sobre o programa, os custes do servizo, as bonificacións ou as normas de xestión e ingreso premendo aquí
Descarga aquí a ficha de inscrición
Descarga aquí a solicitude de domiciliación
MÁIS INFORMACIÓN
Attachment | Size |
---|---|
Información TEOMADRUGA 2023-2024.pdf | 129.98 KB |
MODELO FICHA INSCRICION TEOMADRUGA.pdf | 113.21 KB |
domiciliación_4.pdf | 71.3 KB |