O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello organiza unha excursión para maiores a Samos e ao Cebreiro.

| compartir:

O Concello de Teo, a través da Concellaría de Servizos Sociais, Familia, Infancia, 3ª Idade e Relacións Veciñais, informa que o vindeiro día 23 de setembro ten programada unha excursión ao Mosteiro de Samos e ao conxunto etnográfico de O Cebreiro destinada a persoas maiores de 60 anos empadroadas en Teo, con preferencia para a xente xubilada. As prazas son limitadas (100 prazas) e completaranse por orde de inscrición. O prazo para anotarse será do 4 ao 15 de setembro.

A saída o día 23 farase ás 09:00 horas dende o Concello, na Ramallosa. Ás 11:30 horas chegarán ao Mosteiro de Samos, onde farán unha visita guiada. Ao mediodía farase o xantar moi preto do mosteiro. O menú ten un custe de 20 euros. Ás 15:15 emprenderase o camiño cara as Pallozas de O Cebreiro onde se fará unha visita guiada. Ás 18 horas comezarase o camiño de retorno tendo prevista a chegada ás 20:30h aproximadamente.

Os métodos de inscrición son os seguintes:


*Por teléfono no número: 981 809 707

*Presencialmente no departamento de Servizos Sociais do Concello.

*Pola sede sede electrónica do concello( https://sede.teo.gal/sxc/gl/) con DNI. electrónico ou certificado dixital.

*No Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 am a 14:00 pm, onde haberá que cubrir unha instancia xeral e presentala. Tedes aquí o modelo: Modelo de instancia para presentar no Rexistro do Concello de Teo


Os días estipulados para o pagamento do xantar serán o 18 e o 19 de setembro, e os días 20, 21 e 22 de setembro son os escollidos para a recollida dos tickets.

 

Para máis información pode consultar o tríptico do programa premendo nesta ligazón, ou chamando ao teléfono de Servizos Sociais, 981 809 707.

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN E DE PAGO

1. A adxudicación de pazas está identificada do seguinte xeito:

1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/23.

1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/23.

2. O período de pagamento son os días 18 e 19 de setembro. Nos vindeiros días daremos instrucións para a realización do pagamento que se realizará ÚNICAMENTE mediante entidade bancaria.

 

triptico

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
CARTEL INFORMATIVO SAMOS E PALLOZA.pdf 96.59 KB