O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada en Teo o 7 de setembro

Data e hora

Localización
Cacheiras (ao carón do Restaurante Pórtico)

Inscrición pechada

Este autobús estará emprazado en Cacheiras (ao carón do Restaurante Pórtico) o xoves 7 de setembro en horario de 16:30h a 21:00h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

Para doar sangue hai que ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. É necesario almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

doa sangue

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES