O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello inicia unha campaña para combater a nespra asiática e a súa incidencia no termo municipal. A planificación desta iniciativa local quere adaptarse a cada época do ano para que a prevención sexa máis eficaz e minimizar a presenza desta especie invasora no noso territorio.
A primeira acción será unha charla aberta á veciñanza o sábado 13 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de plenos da que se encargará o entomólogo Lolo Andrade. Este experto na loita contra a velutina informará das características e o comportamento deste animal e explicará as principais medidas que se poden aplicar desde o punto de vista das persoas particulares para evitar a súa expansión.
Nas semanas seguintes está programadas reunións veciñais en diversas zonas para ensinar a construír trampas eficaces contra a velutina. En xaneiro serán en Francos o venres 19 ás 20:30 horas na escola; en Solláns o xoves 25 ás 20:30 horas no local da Baiuca e en Lampai o venres 26 ás 20:30 horas na Casa Común. Máis adiante faranse en Luou, Cacheiras, Vilariño e Reis.
A intención destas charlas polas parroquias é que a xente saiba como atrapar o maior número de raíñas novas nesta primeira parte do ano para impedir que críen niños. Neste momento estase estudando o sistema que permita distribuír a substancia atraente que asegure o maior éxito de funcionamento das trampas.
En paralelo a estas accióins coa poboación programouse unha sesión de formación dirixido ao voluntariado e ao equipo de Protección Civil de Teo. O Concello de Teo, diante dos retrasos nas tarefas de retirada dos niños por parte da Xunta de Galicia, pasa a ser entidade colaboradora nestas labores. Lembramos que os avisos relacionados coa retirada dos niños de velutina danse chamando ao 012.