O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Wombo Combo (Espectáculo familiar)

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
99
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Wombo Combo reflexiona sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia. A súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir... ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real. Paula Carballeira, referente do teatro infantil en galego, é a autora do texto creado para Galeatro.


Wombo Combo foi finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares deste 2023.

Este espectáculo está orientado para público familiar a partir de 6 anos.

Data: sábado 7 de outubro

Hora: 18:00 H

Lugar: Auditorio Municipal Constante Liste

 

Para asisitir é necesario facer reserva previa neste mesmo espazo.

Observacións
Esperamos que desfrutes con este espectáculo. No caso de non poder asistir agradecemos que o comuniques ao enderezo electrónico auxiliarcultura@teo.gal
Inscribirse
WOMBO COMBO

Outros eventos por vir