O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A princesa Carlota (Espectáculo familiar a partir de 5 anos)

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Esta é a historia dunha rapaza chamada Carlota. Unha rapaza que non encaixa nos moldes típicos da sociedade e dos contos. Porque nos contos as princesas son rosas, os príncipes azuis e as perdices sempre presiden o banquete final.

Pero ás veces os contos son iso, un conto.

Por iso Carlota quere poder elexir: non é rosa e non quere selo, non busca noivos azuis e quere ser unha cousa diferente cada día. É morena, grandota e pode que sexa ou non sexa guapa. Pero o máis importante. É libre.

E Carlota vai loitar para cambiar as cousas. Porque as inxustizas deben ser cambiadas.

Este espectáculo terá lugar o venres 13 de outubro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Constante Liste

A inscrición para poder asistri abrirá o venres 6 de outubro.

Observacións
Grazas por asisitir aos espectáculos programados dende o Departameto de Cultura. Esperamos que desfrute moito desta nova función.. No caso de non poder asistir agradecemos que o comunique no enderezo electrónico auxiliarcultura@teo.gal.
A PRINCESA CARLOTA

Outros eventos por vir