O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As que limpan

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

O venres 20 de outubro a compañía de teatro A Panadería representará en Teo o seu espectáculo " As que limpan".

As que limpan é unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.

Un cartel pendurado no manubrio da porta. ¿Por favor, arranxe o cuarto¿. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son as que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

Día: Venres 20 de outubro

Hora: 21:00 H.

Lugar: Auditorio Municipal Constante Liste 

O acceso é de balde pero é necesario reservar praza, que podes facer neste mesmo espazo.

Con prioridade para as persoas empadroadas en Teo.

 

Observacións
Grazas por asisitir aos espectáculos programados dende o Departameto de Cultura. Esperamos que desfrute moito desta nova función.. No caso de non poder asistir agradecemos que o comunique no enderezo electrónico auxiliarcultura@teo.gal.
As que limpan

Outros eventos por vir