O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Molto Barroco (Espectáculo familiar)

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
19
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Molto Barroco é, antes que nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca.

Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares.

A compañía teatral Píscore representará este espectáculo familiar o sábado 21 de outubo, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste.

Para asistir é necesario a reserva de praza. Podes facela neste mesmo espazo.

Observacións
Grazas por asisitir aos espectáculos programados dende o Departameto de Cultura. Esperamos que desfrute moito desta nova función.. No caso de non poder asistir agradecemos que o comunique no enderezo electrónico auxiliarcultura@teo.gal.
Inscribirse
MOLTO BARROCO

Outros eventos por vir