O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Testosterona

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
5

Malasobra Teatro volve a Teo cun novo espectáculo , "Testosterona" no que participan os actores Camila Bossa e Luis Iglesia, veciños do noso Concello.

O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..

SOBRE TESTOSTERONA: parece unha fábula contemporánea na que son posibles múltiples lecturas; pero na que unha sobresae: a idea de que a muller se conforma con alcanzar as cotas de poder que o sistema -creado por homes- estableceu. Iso apréciase nas reivindicacións que as mulleres fan (aínda hai poucas directoras, poucas executivas, poucas catedráticas) e así os mecanismos de corrupción instalados nas estruturas de poder perpetúanse. 

Día: sábado 21 de outubro

Hora: 21:00 H

Lugar: Auditorio Municipal Constante Liste

Para asisitir é necesario reservar entrada, que podes facer neste mesmo espazo a partir do venres 20 de outubro.

Observacións
Grazas por asisitir aos espectáculos programados dende o Departameto de Cultura. Esperamos que desfrute moito desta nova función.. No caso de non poder asistir agradecemos que o comunique no enderezo electrónico auxiliarcultura@teo.gal.
Listaxe de agarda
testosterona

Outros eventos por vir