O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constate Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
114
Inscribirse

Prazas por persoa
5

O sábado 14 de outubro o Grupo de Teatro Municipal de Teatro de Ribeira achégase a Teo coa produción de teatro O Rei Telésforo busca noiva ( e quere noivo).

Trátase dunha comedia con moitos enredos e bastante retranca, coa intención de conseguir que o público esqueza os seus problemas diarios e desfrute do teatro, do humor e da sátira. Ambientada no medievo, goza dun vestiario de época e dunha escenografía que combina elementos tradicionais con novas técnicas de luz e son para unha posta en escena final que non deixará ninguén indiferente.

Espectáculo dirixido a público maior de 16 anos.

A función terá lugar no Auditorio Municipal Constante Liste ás 20:00 horas.

Entrada de balde pero con reserva previa, que poderás facer neste mesmo espazo a partir do venres 6 de outubro.

Observacións
Grazas por asisitir aos espectáculos programados dende o Departameto de Cultura. Esperamos que desfrute moito desta nova función.. No caso de non poder asistir agradecemos que o comunique no enderezo electrónico auxiliarcultura@teo.gal.
Inscribirse
O REI TELESFORO

Outros eventos por vir