O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Ecovidrio achegaralles información sobre a normativa e os beneficios de reciclar e proporcionaralles recursos de balde para poder facelo
Hostalería, restauración e catering xeran o 52% dos residuos de envases de vidro dun só uso que se comercializan no mercado
O Concello de Teo e a entidade sen ánimo de lucro Ecovidrio veñen de chegar a un acordo para poñer en marcha unha campaña en prol da reciclaxe de envases de vidro nos aproximadamente 70 establecementos hostaleiros que operan na actualidade no municipio.
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, lembra que a canle HORECA (hostalería, restauración e catering), xera o 52% dos envases de vidro dun só uso, “polo que a súa colaboración é clave para incrementar as cifras de recollida selectiva e acadar os obxectivos de reciclaxe”. Por iso, afirma, “avanzar na implantación de hábitos sostibles nese sector suporá unha mellora notable na loita contra o cambio climático e un importante beneficio para a veciñanza”.
A campaña incluirá un traballo de campo, con visitas personalizadas aos responsables dos establecementos hostaleiros para informarlles sobre a obrigatoriedade de separar eses envases, en liña co cumprimento da Ordenanza Municipal que regulamenta ese eido. Durante as próximas semanas, o equipo de educadores ambientais realizará ademais enquisas e entrevistas a tódolos establecementos de hostalaría do concello, para coñecer de primeira man cales son as súas necesidades e poder adecuar os recursos existentes.
Ademais, ofrecerán información polo miúdo aos responsables dos locais sobre como reciclar correctamente e acerca das vantaxes sociais, económicas e medioambientais que ten a reciclaxe dos envases de vidro. E co obxectivo de facilitala, entregaranse sen custo algún cubos adaptados para o transporte deses envases.
O vidro que se deposita nos colectores recíclase ao 100% e se emprega para a fabricación de novos envases, de forma indefinida e sen perder as propiedades orixinais. A reciclaxe de envases de vidro é un elemento fundamental para contribuír ao desenvolvemento sostible, fomentar a transición cara á economía circular e loitar contra o cambio climático. Ademais, é unha actividade que apoia o cumprimento da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible; concretamente, o de Cidades e comunidades sostibles (11), Produción e consumo responsables (12) e Acción polo clima (13).
Adjunto | Tamaño |
---|---|
231010_NP_ConcelloTeo_Ecovidrio hostaleria.odt | 130.09 KB |