O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo rematou as obras de acondicionamento dos parques infantís nos lugares da Torre (Cacheiras) e de Castres (Oza), dando así resposta a unha demanda veciñal a prol do desfrute dos máis cativos do municipio.
Así, procedeuse aos peches perimetrais con novos postes de madeira en ámbolos dous recintos, incluíndo o reforzo estrutural dos tobogáns e o arranxo dos bambáns. Tamén se arranxou o lousado de caucho no parque da Torre.
Todas estas actuacións foron levadas a cabo para mellorar ditos espazos públicos e asegurar que cumpren todas as garantías necesarias para o seu correcto uso. Desta forma, os usuarios destes recintos poderán desfrutar dos mesmos da forma máis axeitada e segura.
Por último, o Concello está revisando os demais parques infantís para, no caso de que sexa necesario, poder efectuar os correspondentes arranxos. Cómpre salientar que os cativos do municipio son un dos colectivos prioritarios para o Goberno local, o cal velará non só polo súa seguridade senón tamén por unha mellora na calidade dos servizos prestados.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
231013_Parque A Torre I.jpeg | 537.96 KB |
231013_Parque A Torre II.jpeg | 147.93 KB |
231013_Parque Castres I.jpeg | 590.98 KB |