O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello realizará o mércores 31 de xaneiro e o xoves 1 de febreiro traballos de tala de varias árbores en mal estado na entrada da urbanización dos Tilos. Estes traballos obrigarán a cortar o tráfico rodado nesa zona, entre a entrada da urbanización dende a AC-841 e a zona do hotel, o mércores 31 de xaneiro e o xoves 1 de febreiro entre as 08:15 e as 14:45 horas.
A decisión de cortar o tráfico rodado durante o tempo que dura a tala e non facer cortes puntuais adóptase por motivos de seguridade. As árbores son exemplares de bastante tamaño e están moi pegados á estrada. Estes cortes de tráfico afectarán ás liñas 6 e 12 do autobú urbano de Santiago que pasa polos Tilos. Segundo informa Tussa respecto dos cambios no itinerario dos autobuses en sentido de saída da urbanización, despois de realizar a parada próxima ao hotel, os autobuses desviaranse polas rúas do Loureiro e Ameneiro para acceder á estrada AC-841. Quedará suprimida nestes horarios a parada 354, na marquesiña situada na saída da urbanización. Os usuarios poden empregar a parada 340 ao carón do hotel.
Durante os traballos de tala quedará cortado o tráfico de entrada e saída no comezo da Rúa Carballo desviándose o tráfico de entrada á urbanización pola rúa Ameneiro baixando cara a igrexa, e o de saída pola rúa Loureiro (que sae dende a zona do hotel) e subindo pola rúa Salgueiro cara a rotonda de estrada xeral. Rógase que na medida do posible se usen outras alternativas como entrar e saír polo enlace da autovía no fondo da urbanización.
Segundo indican dende o Departamento de Servizos Básicos os traballos de tala execútanse porque as árbores teñen danos que impiden a súa viabilidade. Desculpen as molestias que estes traballos lles poidan ocasionar. Grazas.