O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, acompañada de varios concelleiros e do propio restaurador, comprobou os traballos levados a cabo
Logo da limpeza e retirada da vexetación na contorna directa do cruceiro de Ameneiro, procederase á colocación dun reforzo para garantir a suxeición entre o varal e a cruz
O Concello de Teo vén de rematar as obras de restauración do cruceiro de Luou, da man do conservador e restaurador Xabier Bernárdez Fresco (Berna). Un traballo que supuxo a recuperación dun patrimonio datado do ano 1761 de gran carga simbólica e valor artístico para o municipio. A propia alcaldesa, Lucía Calvo, acompañada por varios concelleiros e o propio restaurador, desprazouse ata o lugar para supervisar as obras realizadas e agradecerlle o traballo aos implicados.
Neste senso, destaca a recuperación de parte da policromía orixinal do cruceiro, tanto no hábito do franciscano ao pé do Cristo como o cabelo e barba do propio crucificado. Ademais, grazas aos traballos de limpeza, ponse de manifesto a mestría das figuras integrantes do cruceiro: o franciscano, o Cristo e a virxe orante.
Tamén remataron os traballos de colocación e restauración da Rexa Modernista que protexe dito cruceiro, elaborada no ano 1904 en ferro fundido e remaxes de forxa. O encargado dos labores de recuperación foi o ferreiro e restaurador compostelán Santiago Martínez Otero (Chago).
Cruceiro de Ameneiro
Logo da limpeza e retirada da vexetación na contorna directa do cruceiro de Ameneiro polos operarios da brigada forestal municipal, observouse que a cruz do monumento presentaba certa oscilación e, por tanto, un risco de caer por posibles refachos de vento ou outras circunstancias accidentais. Deste xeito, e para evitar esta posible incidencia, a propia alcaldesa solicitoulle ao conservador, Xabier Bernárdez, unha valoración do estado do cruceiro.
Seguindo as súas indicacións, procederase á colocación dun reforzo para garantir a suxeición entre o varal e a cruz mentres non se proceda a unha restauración integral do monumento.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Cruceiro Luou 1_0.jpeg | 507.78 KB |
Cruceiro Luou 2_0.jpeg | 413.35 KB |
Cruceiro Ameneiro 1_0.jpeg | 548.32 KB |
Cruceiro Ameneiro 2_0.jpeg | 393.85 KB |