O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo acolle a exposición itinerante “Viaxando. Coleccións de arte de Afundación e Abanca” na Praza do Mercado Labrego ata o vindeiro 12 de novembro. Na inauguración da mostra estiveron a alcaldesa, Lucía Calvo, acompañada pola concelleira de Cultura e Turismo, Margarita Rosende; a coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vela, e o coordinador institucional de Abanca na Coruña, José Manuel Vilariño.
Alí, Lucía Calvo agradeceu que o municipio de Teo fora elixido para poder desfrutar desta exposición, a cal permite achegar cultura aos veciños dunha forma lúdica e entretida, apostando pola imaxinación e dando a coñecer lugares dunha forma máxica e artística.
As obras que se expoñen estes días invitan a viaxar, non só por Galicia senón tamén polo resto do mundo, plasmando diversos movementos artísticos entre os que destaca o impresionismo, o romanticismo e o naturalismo. Pero tamén obras contemporáneas onde se mesturan o colaxe, a grafite ou a fotografía.
Trátase dunha proposta que inclúe pezas cuxa cronoloxía abarca dende finais do século XIX ata a actualidade. Cada unha delas vai acompañada dun texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas. O concepto do proxecto é a viaxe, que sempre supuxo unha busca de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un modo de descubrir novos rumbos para a proxección artística.