O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello organiza un curso de introdución á lingua de signos e unha nova edición do curso para maiores sobre iniciación á internet e ao teléfono móbil

| compartir:

O Concello organiza un curso homologado de introdución á lingua de signos en colaboración coa Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela, co fin de dar resposta a unha demanda veciñal.

Así, a formación comezará o vindeiro xoves, 9 de novembro na Casa Común de Oza. Os interesados neste curso -totalmente de balde- poderán chamar ao teléfono 981 809 707 para anotarse.

Doutra banda, o Concello organiza unha nova edición do curso para maiores sobre iniciación á internet e ao teléfono móbil, tras o éxito acumulado neste tipo de formación. Impartirase na aula de informática do Concello, cunha duración total dunhas 20 horas. Esta formación -tamén de balde- está pensada para as persoas maiores de 60 anos empadroadas en Teo e que queiran adquirir unhas nocións básicas do uso de novas tecnoloxías. O prazo para inscribirse comeza hoxe mesmo, xoves 2 de novembro, para empezar logo o vindeiro venres, 24 de novembro.

Neste senso, o Concello de Teo aposta pola formación continua en diversos ámbitos de interese, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas e acadar así unha plena integración e igualdade de condicións co resto da sociedade nos diferentes ámbitos.

 

cursos

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Curso informatica maiores.jpeg 153.47 KB
Curso lingua de signos.jpeg 169.32 KB