O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende hoxe e ata o vindeiro 19 de novembro poderase solicitar o DiverTeo Nadal 2023, pensado para as familias con rapazada de 3 a 12 anos que teñan que conciliar durante as vacacións do Nadal. Tal e como se establecen nas bases que saca hoxe o Concello, terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo que teñan nenos escolarizados nun centro de educación infantil e primaria (CEIP) ou colexio rural agrupado (CRA) do municipio, así como por orde de inscrición.
O servizo prestarase dende o 22 de decembro ao 5 de xaneiro, en horario de mañá, podendo solicitar tamén a opción do xantar. Desenvolverase nos CEIP de Calo, da Ramallosa e dos Tilos.
As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de forma presencial no Rexistro do Concello ou ben de forma telemática a través da sede electrónica. En calquera caso, a listaxe provisional publicarase na páxina web do Concello (teo.gal) e no tabloeiro da Casa Consistorial o vindeiro día 22 de novembro, saíndo a listaxe definitiva o 15 de decembro.
Para reservar a praza correspondente habilitarase un período que vai do 27 de novembro ao 11 de decembro, onde os beneficiarios deberán presentar o documento de autoliquidación que se utilizará para o pagamento da cota (será o propio Concello quen o achegue por correo electrónico).
O dito pagamento poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagamentos ou ben no caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Tamén se pode realizar o pagamento a través da pasarela que o Concello de Teo ten coa entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.
Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pagamento e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os seus datos.
Unha vez realizado o pagamento deberá remitir ao departamento do CIM o xustificante de pago do recibo, ben de xeito presencial ou no enderezo electrónico concilia@teo.gal.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
FICHA INSCRICION DIVERTEO nadal 2023.pdf | 166.26 KB |
información xeral diverteo nadal 2023.pdf | 87.21 KB |