O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Inscrición pechada
A Concellaría de Cultura presenta Fadatea. Trátase dun programa de animación á lectura e de dinamización dos centro bibliotecarios do Concello de Teo para nenas e nenos de 6 a 10 anos. Elaborado pola empresa Mancuco Animación, consistirá na programación de actividades que irán de contacontos ata obradoiros artísiticos, contando sempre con Fadatea e outra serie de personaxes que xiran ao seu redor, sempre moi relacionados con entorno do propio Concello. Ademais, Fadatea e os seus amigos funcionarán tamén como imaxe das bibliotecas municipais.
Será unha sesión ao mes alternando ás bibliotecas e irán de novembro ata xuño de 2024. A inscrición é de balde en ata esgotar as prazas