O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno do Concello votará o convenio para a creación do Parque Compostela Rupestre

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 4 de abril nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.

Un dos puntos destacados desta sesión será a adhesión da corporación ao convenio polo que se establecen as bases de cooperación entre a Deputación provincial da Coruña e os Concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra para regular o proxecto "Parque Compostela Rupestre". Con este acordo comeza a creación dun parque para pór en valor a riqueza da arte rupestre do Concello en colaboración cos concellos da Mancomunidade. Para esta actuación contarase co financiamento da Deputación da Coruña.

Nesta sesión tamén se leva unha nova ordenanza que regula as prestacións municipiais de emerxencia social xa que a actual é do 2000. Dende o departamento de Benestar enténdese que a evolución no tratamento das necesidades sociais fan necesaria esta revisión. O Concello de Teo mantén unha clara aposta nesta área cun orzamento para emerxencias que está algo por riba dos 100.000 euros.

Orde do día:

 

  1. Aprobación da acta da sesión do 28.02.2018.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 174/18 á 284/18).
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da ley 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
  4. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da ordenanza municipal reguladora das prestacións municipais de emerxencia social do Concello de Teo.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de adhesión ao convenio polo que se establecen as bases de cooperación entre a Deputación provincial da Coruña e os Concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra para regular o proxecto "Parque Compostela Rupestre"
  6. Ditame da moción conxunta do grupo municipal de Son de Teo-Anova e do grupo municipal do PSdG-PSOE sobre imposibilidade de segregacións con novo acceso nas estradas autonómicas e provinciais.
  7. Ditame da moción do grupo mixto sobre a recuperación dos dereitos e do emprego na administración de xustiza.
  8. Ditame da moción conxunta do grupo municipal de Son de Teo-Anova e do grupo municipal do PSdG-PSOE para instar ao goberno galego a que impulse unha mesa de diálogo para o transporte público.
  9. Mocións.
  10. Rogos e preguntas.

 

Petróglifo