O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este mércores 4 de abril nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.
Un dos puntos destacados desta sesión será a adhesión da corporación ao convenio polo que se establecen as bases de cooperación entre a Deputación provincial da Coruña e os Concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra para regular o proxecto "Parque Compostela Rupestre". Con este acordo comeza a creación dun parque para pór en valor a riqueza da arte rupestre do Concello en colaboración cos concellos da Mancomunidade. Para esta actuación contarase co financiamento da Deputación da Coruña.
Nesta sesión tamén se leva unha nova ordenanza que regula as prestacións municipiais de emerxencia social xa que a actual é do 2000. Dende o departamento de Benestar enténdese que a evolución no tratamento das necesidades sociais fan necesaria esta revisión. O Concello de Teo mantén unha clara aposta nesta área cun orzamento para emerxencias que está algo por riba dos 100.000 euros.
Orde do día: