O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Ultímanse os preparativos para a fase zonal do Club de Debate

| compartir:

O luns, 9 de abril, o Salón de Plenos do Concello de Teo acolle a fase eliminatoria do Torneo de Debate, no que equipos do IES de Cacheiras veñen participando nas últimas edicións.

Nesta edición 3 equipos do IES de Cacheiras participarán no evento e competirán contra equipos que representan ao Concello de Ferrol e ao de Negreira. A xornada comezará ás 9.15 h e a presentación oficial por parte do alcalde de Teo, Rafael Sisto, será ás 9.40 h. O primeiro debate comezará ás 10.00 h, e cada debate terá unha duración máxima de 36 minutos. Haberá un total de 9 debates en horario de mañá e tarde, xa que cada equipo terá que defender unha vez a postura a favor e outra a postura en contra sobre o tema “A mocidade tamén ten actitudes e comportamentos machistas”.

Deste xeito, non se valora a defensa dunha postura concreta, senón a maneira en que se afronta o debate, os recursos oratorios que se empregan e a capacidade de argumentar fronte ás formulacións do equipo adversario. Este torneo pretende formar o alumnado en habilidades comunicativas e oratoria, ademais de favorecer a utilización do galego oral en contextos formais e informais. Constitúe tamén unha oportunidade para compartir unha xornada lúdica e de aprendizaxe Este torneo, que pretende formar o alumnado en habilidades comunicativas e oratoria e favorecer o uso do galego oral en contextos formais e informais, é tamén unha oportunidade para compartir unha xornada lúdica e de aprendizaxe.

O xurado desta edición estará composto por Nel vidal Barral, normalizador lingüístico, Xosé Luís Santos Cabanas, escritor, Xosé Manuel Pazo Blanco, representante da CENL de Ferrolterra, Olalla Liñares García, xornalista, Luz Zas, profesora de Lingüística na USC.

A entrega de premios será ás 20.30 h no propio Salón de Plenos municipal.


 

club debate