O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Os fabulosos cleaners

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia.

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes,  estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Data: venres 22 de decembro

Hora: 18:30 horas

Lugar: Auditorio Constante Liste

Espectáculo recomendado a partir de 6 anos. 

Para asistir é necesario a reserva de praza. Podes facela neste mesmo espazo a partir do venres 15 de decembro.

OS FABULOSOS CLEANERS

Outros eventos por vir