O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Salón de Plenos acolleu esta tarde a entrega de premios do concurso de postais "Debuxa o Nadal"

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polas concelleiras de Cultura, Margarita Rosende, e de Educación, María Vázquez, entregou esta tarde os premios do concurso de postais “Debuxa o Nadal”. 

Trátase da duodécima edición deste certame, moi querido entre os nenos e nenas do municipio. Así, foron preto de 500 as postais recibidas dos escolares matriculados nos distintos centros de Infantil e de Primaria de Teo. 

Neste senso, a rexedora deu as grazas aos nenos gañadores polo seu traballo e estendeu a dita felicitación a todos os participantes. “Sodes todos uns grandes artistas e o xurado tivo un traballo moi duro, xa que cada unha das postais recibidas era fantástica”, puntualizou Calvo de la Uz. 

De feito, esta semana reuníronse no Auditorio Constante Liste os membros do xurado, presidido polo ilustrador e artista plástico, Óscar Villán, e conformado por David Orihuela (artista plástico e profesor de debuxo e artes plásticas) e as concelleiras de Cultura e Educación. Entre todas as postais recibidas foron seleccionadas as 20 postais premiadas.

Ao igual ca en edicións anteriores, concedéronse varios accésits, así como segundo e primeiro premio nas tres categorías participantes: Educación Infantil (de 0 a 6 anos), primeiro grupo (1º, 2º e 3º de Educación Primaria) e segundo grupo (4º, 5º e 6º de Educación Primaria). A todos eles concedéuselles un pequeno agasallo pola súa gran obra. 

Podedes consultar os nomes de todas as persoas premiadas descargando a acta do xurado.


 

foto

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Acta XXII Concurco de Postais de Nadal.pdf 930.14 KB