O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Os campamentos municipais de verán celebraranse este ano na Mariña de Lugo. En concreto, tanto o campamento infantil como o xuvenil terán como escenario o albergue xuvenil de Barreiros. As instalacións están situadas en San Miguel de Reinante e foron inauguradas hai un par de anos, despois dunha serie de traballos de reforma.
O campamento xuvenil contará con 65 prazas e para o infantil ofértanse 103 parazas. O xuvenil celebrarase do 1 ao 9 de agosto e o infantil do 11 ao 19 de agosto. Os campamentos teñen un custe de 90 euros.
O prazo de inscrición para os dous campamentos está aberto do 2 ao 16 de maio. Se hai máis solicitudes ca prazas farase un sorteo público o 1 de xuño ás 19:00 horas na Casa do Concello.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| fichainscricion_campamentoinfantil.pdf | 104.29 KB |
| fichainscricion_campamentoxuvenil.pdf | 104.53 KB |
| INFORMACIÓN CAMPAMENTOS 2018.pdf | 254.94 KB |