O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello publica as listaxes provisionais de persoas admitidas e en listaxe de agarda para as escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa para o vindeiro curso 2018/19. Podes consultar as listaxes premendo aquí
Nas listaxes aparece o expediente de solicitude de praza identificado co número de rexistro de entrada no Concello. Dende hoxe ábrese un prazo de reclamacións a estas listaxes que remata o luns 14 de maio. Calquera reclamación debe presentarse no rexistro xeral do Concello a través dunha instancia que se acompañe de xustificación documental do que se alegue.
Calquera persoa pode consultar o seu expediente dirixíndose aos servizos sociais comunitarios en horario de 08:00 a 12:00 horas ou chamando ao teléfono 600.315.870.
Unha vez que as listaxes pasen a ser definitivas abrirase o prazo de matrícula que será do 1 ao 15 de xuño (ambos incluídos).
Máis información sobre esta convocatoria premendo aquí
Adjunto | Tamaño |
---|---|
listasprovisionaisescolasinfantis_curso2018-2019.pdf | 362.3 KB |
información sobre as listaxes definitivas abril 2017-2018.pdf | 144.74 KB |