O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A eira do paparubio

Data e hora

Localización
Pavillón de Calo
Como chegar

Non vos perdades esta proposta artística que fusiona monicreques, xogos, música e tradición,  o día 27 en horario de 17:00 a 20:00 horas. 

Con todos estes elementos entrelazados paporrubio crea un espectáculo diferente dirixido as familias e os máis pequenos da casa nun espazo máxico cheo de cor.

Un espectáculo dirixido e animado en todo momento por dous divertidos e atolados titiriteiros que fan bailar, cantar, xogar e soñar a tódolos que pola eira pasen. 

As propostas de títeres e xogos deste espectáculo son exclusivos, orixinais e creados artesanalmente pola propia compañía. 

A eira do Paporrubio consiste nunha xornada de programación artística composta por un espectáculo de monicreques e unha sesión de xogos tradicionais.

Actividade de acceso libre. Non é preciso reservar entrada.

Listaxe de agarda
A EIRA DO PAPARUBIO

Outros eventos por vir