O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

CABALGATA DE REIS MAGOS

Data e hora

Localización
Chegada en tren á estación de Osebe
Como chegar

 As súas maxestades de Oriente volverán visitar Teo. Chegarán á estación de tren de Osebe o día 5 ás 15:08 horas e despois farán un percorrido polos locais das distintas asociacións (Calo, A Pontevella, Os Tilos e Rosalía de Castro) e, xa pola tardiña, farase a recepción oficial no Pavillón Ezequiel Mosquera da Ramallosa.

Este ano, como novidade, farase unha recepción silenciosa no Auditorio Constante Liste ás 15:50 horas, en colaboración coas asociacións BolboreTEA e Aspamite para as persoas con sensibilidade auditiva, fotosensibilidade, neurodiversidade, mobilidade reducida e outras necesidades. Desta forma, todos os nenos e nenas e persoas poderán desfrutar da presenza dos Reis Magos no concello de Teo.

Para inscribirse na Cabalgata silenciosa hai que enviar unha mensaxe coa súa solicitude e número de prazas solicitadas aos correos: 
familias.teo.neurodiversidade@gmail.com
aspamite@aspamite.org

Listaxe de agarda
REIS MAGOS

Outros eventos por vir