O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo recibiu o visto bo da Xunta de Galicia ás alegacións presentadas pola alcaldesa Lucía Calvo de la Uz -cando aínda estaba como concelleira de Oposición na pasada lexislatura- para mellorar a accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede Autonómica de Estradas de Galicia, concretamente na zona sur do municipio. Estas alegacións foron froito de diversas reunións que se mantiveron daquela con veciños e coa asociación de empresarios afectados polos posibles cambios.
Así, a parada que estaba prevista ao carón do establecemento Pernas (15082-25-2 Pontevea) non se vai levar a cabo porque afectaría ao normal desenvolvemento da actividade comercial do entorno, quedando polo tanto anulada a súa proxección. Así mesmo, a parada 15082-25-1 tamén en Pontevea será redeseñada na redacción do proxecto de construción, reducindo a afección ao aparcadoiro lindante e dando cumprimento á normativa de accesibilidade, mantendo así as condicións de seguridade da parada.
Tamén se vai proceder ao redeseño da parada 15082-110-2 Cacheiras-Gardería para minimizar o impacto sobre as prazas de aparcamento, trasladando a marquesiña proxectada, e se vai cambiar de situación os colectores de lixo que están situados preto da parada 15082-59-2 Cacheiras-Canaletto para conseguir máis prazas de aparcamento. Por último, tal e como se solicitara, vaise a reducir a lonxitude das cuñas da parada 15082-17-2 Cacheiras (en Travesía de Cacheiras, 89) para eliminar menos prazas de aparcamento.
Desta forma, con estes cambios mellórase a accesibilidade nas paradas, xa que se localizarán en emprazamentos óptimos e con boa visibilidade, reforzando así a seguridade viaria. Pero, ademais, tamén se consegue minorar a anulación de prazas de estacionamento e, de feito, o Goberno local está estudando alternativas para ampliar ditas prazas na AC-841, proporcionando dende o Concello novas zonas de aparcamento co fin de resolver unha problemática existente no municipio dende fai varios anos.