O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Galicia Calidade fomenta o coñecemento dos produtos lácteos galegos entre os máis cativos

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participaron hoxe no CEIP Plurilingüe dos Tilos na presentación dunha nova campaña para fomentar o coñecemento dos produtos lácteos entre os máis novos. 

Da man da catadora de queixos Salomé Beiroa, a iniciativa chegará en próximas datas a outros centros educativos de Teo, Oroso e A Estrada. Desta forma, permitiralles aos nenos e nenas aprender as diferenzas entre leite cru e pasteurizado ou entre o queixo fresco ou o curado, ou as diferentes denominacións de orixe coas que conta Galicia neste eido (San Simón da Costa, Cebreiro, Arzúa-Ulloa e Tetilla). 

Os nenos e nenas poderán interactuar cos produtos das empresas lácteas co distintivo de Galicia Calidade como son Feiraco, Innolact (Quescrem), Larsa, Leyma Natura, Río de Galicia, Pazo de Anzuxao, Pazo do Queixo, Queixería Barral, Queixería Casleiras, Queixería Daniberto, Queixería Santo André e Quesos Feijoo. Tamén colabora nesta iniciativa Galifresh, coa súa gama de purés de froita, dotada co selo de garantía Galicia Calidade e que está dedicada á investigación, desenvolvemento, elaboración e comercialización de produtos de IV e V gama a partir de froitas, verduras e hortalizas frescas.

Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con preto de 170 empresas adheridas, con máis de 850 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.



 

foto