O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A partir de mañá, 22 de febreiro, procederase ao arranxo do viario que vai desde o cruce do Milladoiro ata San Domingo de Calo.
As obras previstas realizaranse en varios tramos, pero sempre haberá circulación alterna en ambos sentidos, marcada por señalistas e semáforos.
Os días 22 e 23 de febreiro, se o tempo o permite, procederase a asfaltar dende o cruce do Milladoiro ata Maderas Amazonas.
Os días 26, 27 e 28 de febreiro está previsto actuar dende Maderas Amazonas ata San Domingo, incluíndo o cruce da Baiuca.
Os servizos de transporte escolar e metropolitano non se verán afectados.
Con esta actuación mellorarase o firme da estrada, o que redundará en beneficio dos veciños e veciñas que adoitan usar esta vía. Así mesmo, tamén mellorará a seguridade viaria neste tramo, polo que circulan unha gran cantidade de vehículos.