O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
O vindeiro domingo 7 de abril faremos a excursión das mulleres e este ano imos a visitar Monforte de Lemos. Antes de chegar faremos unha parada no Castro de Arxeriz, onde faremos unha visita guiada polo pazo e pola zona e subiremos ao mirador do cabo do mundo. Rematada a visita e chegando a Monforte, visitaremos o Mosteiro de Santa María de Ferreira, que é o único mosteiro feminino da Ribeira Sacra que mantén vida relixiosa.
Comeremos en Monforte e unha vez rematada a comida faremos unha visita guiada pola vila visitando algúns dos seus edificios máis importantes como son o Parador ou a torre da homenaxe. Remataremos a visita cunha visita ao museo do viño.
A excursión é para mulleres maiores de idade e terán preferencia as mulleres empadroadas en Teo. O custe é de 20€ coa comida incluída. Desde o Concello remitirase por correo electrónico o documento de autoliquidación, que se utilizará para o pago da cota, pudendo así mesmo recollerse dito documento no departamento de Cultura do Concello. De non recibilo dentro dos tres días posteriores á inscrición, póñase en contacto co Concello. Importante na inscrición poñer o DNI e o número de teléfono.
Unha vez verificado o pago, comunicarase a inscrición definitiva na actividade de forma telefónica.
A inscrición comezará o vindeiro martes día 12 de marzo e remata o mércores 27 de marzo. O pago ten que estar feito antes do 1 de abril