O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

III RUTA DO ROMÁNICO TEENSE

Data e hora

Localización
Casa Consitorial do concello de Teo, na Ramallosa, Lucí
Como chegar

Prazas dispoñibles
46
Inscribirse

Prazas por persoa
4

 

Pedras que gardan séculos de historia

Unha viaxe pola arte medieval de Teo da man da Asociación Cultural Colectivo A Rula.

Nesta terceira edición da Ruta do Románico teense visitaremos as igrexas de San Cristovo de Reis, San Miguel de Rarís e Santa María de Lampai, para aprender a interpretar as formas, os símbolos e as historias que conservan estes conxuntos patrimoniais.

Cada parada permitiranos descubrir unha expresión diferente do románico e comprender como os templos e os seus adros foron evolucionando, transformándose e incorporando novas pegadas ao longo dos séculos. Un percorrido pausado pola arquitectura relixiosa, a simboloxía cristiá e a memoria das comunidades que conservaron este patrimonio ata os nosos días.

A visita estará guiada pola Asociación Cultural Colectivo A Rula, colectivo especializado no estudo, divulgación e posta en valor do patrimonio histórico e arqueolóxico de Galicia.

Itinerario
Igrexa de San Cristovo de Reis
Igrexa de San Miguel de Rarís
Igrexa de Santa María de Lampai


Guía: Asociación Cultural Colectivo A Rula
Público: público xeral

Desprazamentos

Tras a recepción do grupo na Casa do Concello, os desprazamentos entre as diferentes igrexas realizaranse en vehículos particulares.

Para facilitar e axilizar a circulación e o estacionamento, recomendamos que as familias, amizades ou persoas participantes compartan vehículo sempre que sexa posible.

Espazos recomendados para aparcar

San Cristovo de Reis Aparcadoiro do cemiterio de Reis
https://maps.app.goo.gl/PE3A4KBg

San Miguel de Rarís
Aparcadoiro da Casa Común de Rarís
https://maps.app.goo.gl/in6PLeweoV2dFhQj8

Santa María de Lampai
Aparcadoiro da Casa Común de Lampai, na aldea de Mosteiro
https://maps.app.goo.gl/6DoEDMNBHZNqQ4bf7

Se o ritmo da visita e o interese do grupo o permiten, a experiencia poderá incorporar unha última parada sorpresa.

Observacións
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A RESERVA
As actividades son de balde, pero teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non podes acudir, é imprescindible avisar con antelación escribindo a turismo@teo.gal ou ao número de whatsApp de TeoTurismo +34 698 18 68 91
⚠️ A cancelación debe realizarse exclusivamente neste enderezo e/ou no número móbil corporativo facilitado
Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático de confirmación (nonresponder@teo.gal).
As persoas que non comuniquen a súa ausencia:
📌 Na primeira ocasión, pasarán á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
📌 Nunha segunda ocasión, non poderán formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e colaboración de todas as persoas participantes para garantir un acceso xusto ás experiencias.
Inscribirse
RUTA DO ROMANICO