O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Durante o mes de marzo, no marco do Día Internacional da Muller, o trío chegado dende Costa Rica "Las Chicharras", conformado por Mariangel Matamoros, Karol Barboza e Karlyn Salazar, propón a realización dunha xira por España e Portugal, sendo o Concello de Teo, un dos catro lugares de Galicia no que esta formación parará coa súa xira "Percepciones"
"Percepciones" é un concerto de cancións feitas por mulleres latinoamericanas. A nobreza das súas letras e o traballo realizado por estas autoras representan un legado á cultura latinoamericana.
Guitarra, ukelele, caixón peruano, clarinetes, frauta transversal e voces femininas entrelázanse para cultivar a súa proposta sonora.
No concerto compartirán escenario en algúns dos temas co alumnado dos Obradoiros de Guitarra das Escolas Culturais de Teo, nas que imparte clase o músico e compositor Xoán Curiel, veciño de Cacheiras.
O acceso será libre ata completar aforo.