O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Ruta circular con saída e chegada na Ponte Medieval de Pontevea.
Distancia: 10,4 km
Dificultade: media / media-baixa
Duración: 3-4 h
Saída: 10.00 h
Descrición:
Ruta paisaxística e cultural que parte da "vila de Pontevea" para visitar e coñecer algúns dos elementos máis interesantes e pouco coñecidos do fecundo patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico espallado polas parroquias da ribeira do Ulla teense: Reis e Teo.
Pazos, antigos santuarios, pontes, camiños históricos, fontes e lavadoiros, castros e petróglifos, árbores singulares e espazos naturais de grande beleza a rentes do "Río Grande" son algúns dos numerosos atractivos e puntos de interese deste percorrido. Partiremos de Pontevea seguindo o trazado do Camiño do Francés ata chegar á Devesa de Mallos e Agromaior para alí descubrir as estacións rupestres da área arqueolóxica da Estivada. O regreso realizarase seguindo os camiños e sendas da ribeira.