O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

TEATRO PESADELO PRESENTA "DESAQUELANDO"

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

O sábado 16 de marzo a compañía de teatro Pesadelo, do concello veciño de Vedra, presenta en Teo "Desaquelando". Un espectáculo teatral para sentirse orgullosos, dirixido por Paco Luna e coas intervencións en escena de Xoana Pintos e Xoana Barros.

Se AQUELAR pode significar infinitas cousas na realidade galega….imaxinen vostedes o que pode dar de si o mundo de DESAQUELANDO. 

Dunha inverosímil conferencia que mestura textos de Manuel Núñez Singala e de Paco Luna, só podería nacer esta pequena e preciosa aberración. Partindo da análise do estúpido sentimento humano do orgullo, Teatro Pesadelo libera no escenario todos os monstros, esperpentos e fenómenos que compoñen a nosa sociedade actual: a tecnoloxía, a nobreza, o fascismo, o futuro….todo son pezas dun sarcástico quebracabezas que Teatro Pesadelo converte nunha festa de ironía e crítica socio-política. Porque, sexamos sincer@s: Quen non estivo, algunha vez, orgulloso de algo nesta vida? 

Día: sábado 16 de marzo

Hora: 20:00 H

Lugar: Auditorio Constante Liste

ACCESO LIBRE ATA COMPELTAR AFORO

Esta actividade forma parte do programa Rede Cultural impulsado e cofinanciado pola Deputación da Coruña

desaquelando

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego